lunes, 21 de octubre de 2024
CAIXA DE EXPERIMENTOS COA MICROBIT
Chegou material novo de Polos Creativos ao cole e tardamos nada en trebellar nel! Nesta ocasión foi unha caixa de experimentos, na cal podemos comprobar se o programado en Makecode funciona de forma correcta.
viernes, 18 de octubre de 2024
UN TRABALLO DE AÚPA!!
Hai que ver que cantidade de traballo da grabar unha simple escena duns segundos! Fotografiar, colocar, volver a fotografiar, montar, cambiar os parámetros do vídeo...
martes, 15 de octubre de 2024
STOP MOTION
Comezamos cos primeiros pasos coa técnica de stop motion. Consiste en sacar moitas fotografías e unilas facendo unha especie de vídeo. Un traballo moi custoso!!!
viernes, 11 de octubre de 2024
LEVAMOS O NOSO TRABALLO ÁS AULAS
Unha vez elaborados os diferentes traballos en Canva, creamos un código QR para acceder desde unha tablet. Unha vez listo, imprimimos o noso cartel e fómolo ensinando polas aulas do cole.
miércoles, 2 de octubre de 2024
COMEZAMOS!
Comezamos usando o programa Canva. Xa estamos afeitos a el porque o usamos o ano pasado e nos permite facer cousas moi chulas. Dividimos os astros do Sistema Solar por grupos, polo que cada un dos grupos estudiaba un astro diferente e facía unha pequena presentación sobre el. Tamén creamos un código qr que dirixía directamente ao pdf elaborado en Canva.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
-
Comezamos a crear circuitos dándolles un propósito, traballando aspectos de tecnoloxía e Ciencias Naturais.
-
Comezamos a programar co material de Polos Creativos. Comezamos cun robot sinxeliño para despois ir a xogar cos nenos de 2º.
-
Elaboramos unha postal de Nadal utilizando cinta de cobre condutora, leds e unha pila de botón.




